O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

10/09/2026
O presidente da Autoridade Portuaria reúnese coa directiva da Asociación Ría de Marín
Jose Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra recibiu esta mañá á directiva da Asociación Cultural de Pesca Deportiva Ría de Marín. O presidente expúxolles as principais liñas de traballo do Porto de Marín así como a evolución dos principais tráficos e proxectos neste exercicio. Suárez Costa aproveitou esta invitación aos directivos da asociación para felicitarlles polo éxito na organización e desenvolvemento un ano máis do curso de pesca deportiva para nenos que se celebrou durante o mes de agosto e que reuniu a máis de 40 pequenos nos peiraos do parque de Cantodarea, situado en terreo portuario aberto ao público. A Autoridade Portuaria colaborou nesta actividade facilitando o embarque e desembarque dos mozos pescadores desde a dársena pesqueira do porto nas xornadas que realizaron prácticas de pesca desde o mar. Suárez Costa tamén asistiu á entrega de diplomas de fin de curso que se realizou a pasada semana na sede da asociación, no parque de Cantodarea. Tanto a Autoridade Portuaria como a directiva da asociación presidida por Juan Jesús Rodríguez, coincidiron na importancia de potenciar este tipo de actividades educativas que non só ensinan aos nenos para pescar senón que tamén inciden en aspectos medioambientais e de aproveitamento dos recursos. Suárez Costa sinalou que os obxectivos destas accións “están moi aliñados co compromiso da Autoridade Portuaria coa responsabilidade social corporativa, a sustentabilidade e as relacións Porto-Ciudad nas que queremos seguir afondando”.
O presidente da Autoridade Portuaria reúnese coa directiva da Asociación Ría de Marín