O Porto de Marín mantivo en 2022 a súa previsión de situar o tráfico de mercadorías por enriba dos dous millóns de toneladas e experimentou subidas en prácticamente tódolos capítulos, acadando un total de 2.117.919 toneladas.
Evolución do tráfico na última década (en miles de toneladas):
2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.849 | 1.891 | 1.872 | 1.927 | 2.142 | 2.348 | 2.523 | 2.544 | 2.472 | 2.087 | 2.178 | 2.117 |
Durante 2022 mantívose un total equilibrio na distribución de mercadorías entre os graneis sólidos que sumaron 1.039.591 tn e a mercadoría xeral, que chegou a 1.037.712 tn.
O exercicio 2022 foi, en definitiva, un ano de consolidación da actividade desenvolvida no Porto de Marín no que destaca unha vez máis o traballo conxunto da Autoridade Portuaria e das empresas que integran a comunidade portuaria salientando a calidade do servizo e a eficiencia operativa como elementos chaves de competitividade.