O Posto de Inspección Fronteirizo do Porto de Marín, ampliado en 2018, é unha das instalacións de control fronteirizo máis modernas e mellor equipadas do Noroeste peninsular. Estas instalacións permiten atender con axilidade as necesidades da potente industria do frío coa que conta o Porto de Marín, que dispón de máis de 260.000 metros cúbicos de almacenamento frigorífico, máis de 500 conexións "reefer" na súa terminal de contedores e é un importante " hub" para o tráfico de froita no Arco Atlántico.
As instalacións de SANIDADE EXTERIOR, nas que se inspecciona a pesca conxelada e demais mercadorías destinadas a consumo humano, dispoñen agora de SETE PEIRAOS DE CARGA e contan con amplo espazo operativo de antecámara para a descarga de contedores e clasificación da mercadoría, cámaras de conxelación, refrixeración e temperatura ambiente, así como vestiarios e ampla sala de inspección, ademais das correspondentes oficinas. Dispón adicionalmente dun guindastre e equipamento que permite o manexo de grandes peces.
As instalacións de SANIDADE VEXETAL/ RAH, nas que se inspeccionan mercadorías de orixe vexetal tales como froita, legumes ou madeiras, dispoñen agora de DOUS PEIRAOS DE CARGA e as correspondentes dotacións de antecámara para a descarga de contedores e clasificación da mercadoría, cámaras de conxelación e refrixeración, así como vestiarios e sala de inspección, ademais das correspondentes oficinas.
As instalacións de SANIDADE ANIMAL, nas que se inspeccionan mercadorías de orixe animal e de consumo animal, tales como cereais, pensos ou fariñas, dispoñen dun PEIRAO DE CARGA e as correspondentes dotacións de antecámara para a descarga de contedores e clasificación da mercadoría, cámaras de conxelación e ambiente, así como vestiarios e sala de inspección, ademais das correspondentes oficinas.
O SOIVRE dispón ademais de sala de inspección propia, vestiarios e oficinas, o que permite axilidade á hora de realizar as correspondentes inspeccións por parte deste organismo.
O PIF está dotado de accesos adaptados, servizos comúns e zonas de espera para os operadores. Os servizos se completan cunha xestión directa por parte da Autoridade Portuaria cun equipo humano altamente especializado e con vocación de servizo ao cliente, facendo un seguimento continuo do proceso e presta servizo aos usuarios antes e durante os labores de inspección, en permanente contacto con navieiras, terminal de contedores, servizos de inspección, resgardo fiscal/Aduanas, transportistas e axentes de aduanas.
O servizo complétase con Sociedade de Servizos Cantodarea, que realiza as actividades de apoio para as operacións loxísticas de apertura, baleirado e traslado de mostras ás cámaras e salas de inspección. Para axilizar os posicionamentos en PIF disponse dunha aplicación informática de coordinación de posicionamento. Para darse de alta na mesma como usuario ou para calquera consulta relacionada cos servizos ofrecidos no PIF de Marín
Email:pifmarin@apmarin.com
Tel.: (+34)986 83 80 43