O Porto

Misión, visión e valores

MISIÓN, VISIÓN E VALORES

Para conseguir unha mellora global na loxística ofertada ao cliente desde o Porto de Marín centráronse os esforzos de actuación nunhas liñas estratéxicas dirixidas á excelencia nas operacións, a un adecuado crecemento das infraestruturas, a unha inserción óptima coa nosa contorna e a unha potenciación estratéxica de calidade como elemento primordial na xestión da empresa.

O Porto definiu a Visión, Misión e Valores que rexen todas as súas actuacións.

  • VISIÓN: Ser a Autoridade Portuaria do Eixo Atlántico con maior recoñecemento por parte dos clientes, soportada nunha cultura de empresa pública dinámica, inspirada na satisfacción do cliente, do persoal e en equilibrio coa contorna.
  • MISIÓN: Xestión, Administración, Explotación do Porto e Control dos Servizos Portuarios, liderando á comunidade portuaria na constante procura da Excelencia Operativa e contribuíndo ao desenvolvemento da súa zona de influencia.
  • VALORES: Orientación ao cliente Integridade, honestidade e respecto ao individuo
    Aproveitamento dos recursos e capacidade de traballo
    Contribución ao desenvolvemento da contorna.