CCTV

O Porto de Marín dispón dun Circuíto Pechado de Televisión que está actualmente en proxecto de ampliación e mellora dentro dun importante investimento en diversas actuacións en materia de seguridade e control de vehículos e persoas.

Ampliarase a máis dun centenar o número de unidades e o sistema de cámaras do CCTV para mellorar a cobertura do recinto portuario.

Cun orzamento superior a medio millón de euros instalaranse novas cámaras dixitais de alta resolución con mellor rango dinámico para evitar cegamentos e optimizar a visión en condicións adversas.

Tamén se incorporarán novas funcionalidades para incrementar a facilidade para o seguimento de vehículos nos diferentes viais ou a localización máis eficiente de persoas e vehículos nas imaxes do CCTV.

Os investimentos previstos en seguridade completaranse coa mellora do control de accesos ao porto, axilizando o sistema de acreditacións de acceso de vehículos e persoas ao recinto portuario, o equipamento do sistema e a mellora dos controis para evitar accesos non autorizados.