O Porto de Marín dispón dunhas excelentes comunicacións que garanten un rápido e seguro transporte a calquera lugar da Península Ibérica e de Europa a través da Autoestrada do Atlántico (AP-9) e da Autovía das Rías Baixas (A-52) que tamén enlazan con autoestradas de Portugal.
Ademais, conta cunha conexión ferroviaria directa que entronca coa rede nacional de ferrocarril. Marín é un dos principais portos do Estado na utilización da intermodalidad buque-tren. A rede ferroviaria interior dispón dunha lonxitude de máis de 7.000 metros. Conta con 7 vías principais, con apartaderos para as diferentes mercadorías. Poden operar e formarse composicións de gran lonxitude sen particións. A Autoridade Portuaria conta con persoal especializado formado como Responsables de Circulación Ferroviaria para a recepción e expedición de circulacións. Os operadores dispoñen ademais de persoal e medios de tracción.
Lonxitude: 8º 42´ O
Latitude: 42º 24´ N