Ultimas modificaciones: Nuevo Punto de Embarque adicional y establecimiento de velocidad de entrada para buques de determinada eslora (Consejo de Administración 29-02-2024).
SASEMAR realiza a prestación do servizo xeral de ordenación, coordinación e control de tráfico marítimo portuario, desde o Centro de Coordinación de Salvamento de Vigo ( CCS).
CANLE 10/16 VHF: MARÍN TRAFFIC ó MARÍN TRÁFICO
Tfno.: +34 986 22 22 30
Todos os buques de eslora total igual ou superior a 20 metros que inicien / finalicen a súa entrada / saída da Ría de Pontevedra, ben para fondear na devandita Ría nun dos fondeadoiros habilitados para o efecto, ben para dirixirse ao porto de Marín ou outros portos pesqueiros ou deportivos da citada Ría, deberán establecer contacto co CCS (en diante "MARÍN TRAFFIC" ou "MARÍN TRÁFICO") a través das canles 10/16 de VHF banda mariña nos puntos de Recalada / Notificación establecidos para o efecto.
Nesta sección pode consultarse o Procedemento de Control de Tráfico actualizado (ref. 000) aprobado por Capitanía Marítima en data 20-12-2017, así como as fichas de procedemento que o desenvolven, o índice (ref. 00), unha introdución e os seus anexos (ref. 01), e todos os procedementos (ref. 02 a ref. 22).
Na documentación recóllense os procedementos para seguir polos buques na entrada, saída, fondeo ou arribada, así como outros específicos por exemplo de buques pesqueiros (ref.07, con documentación relacionada en anexo VI relativa á zona de evolución e manobra dos buques no porto de Marín), entre outros