O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

30/01/2026
A Autoridade Portuaria edita unha exhaustiva investigación sobre a historia dos sinais marítimos da Ría de Pontevedra
Con motivo da celebración este ano do centenario da posta en marcha da lanterna do faro de Ons, a Autoridade Portuaria acaba de editar unha extensa obra de investigación sobre a historia dos sinais marítimos da Ría de Pontevedra baixo o título “Vermello a Babor: historia das luces da Ría de Pontevedra”. Por primeira vez recóllense nun libro os detalles e historia de cada unha dos sinais que axudan á navegación na Ría, desde os faros de Ons e Tambo ata as pequenas luces dos peiraos dos distintos portos desde Aldán ata O Grove, pasando polas torres baliza que canalizan as canles seguras para os roteiros marítimos no interior da Ría. Os autores deste libro son Enrique Abati que foi, primeiro fareiro e logo Responsable do Servizo de Sinais Marítimos da Autoridade Portuaria ata a súa recente xubilación e María Eyo, Xefa da División de Comunicación e Responsabilidade Social Corporativa da Autoridade Portuaria. Ambos foron tamén autores o pasado ano doutra publicación de divulgación patrimonial: “Ons, a memoria do faro”, na que se fai un percorrido a modo de inventario de pezas históricas vinculadas á sinalización e seguridade marítima. Con “Vermello a Babor: historia das luces da Ría de Pontevedra”, a Autoridade Portuaria reafírmase no seu compromiso coa divulgación do patrimonio cultural, tanto material como inmaterial e dá un paso máis na súa aposta pola súa contribución social á contorna e pola relación Porto-Ciudad. Jose Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria, afirmou que esta entidade “é plenamente consciente do papel que xoga no terreo da responsabilidade social corporativa e da contribución social”, de modo que poñer en valor o patrimonio cultural vinculado ao mar “é un valioso legado que podemos deixar para as xeracións actuais e futuras”. Suárez Costa felicitou aos autores “polo minucioso traballo de investigación realizado que desvela ademais de datos técnicos, anécdotas e moitos dos segredos que gardan os sinais marítimos de toda a Ría “de cuxa existencia, mantemento e funcionamento depende a seguridade de moitas persoas que navegan por ela por diferentes motivos”. O presidente da Autoridade Portuaria destacou a relevancia da publicación desta obra “xusto ao comezo deste ano 2026 no que se cumpre o centenario do noso querido faro de Ons”. “Nesa data, a luz do faro daría 263 millóns de escintileos e sería atendido por preto de 60 torreros procedentes de diversos puntos da xeografía española”, engadiu Suárez Costa. O presidente quixo lembrar que o compromiso do porto coa sinalización marítima “é unha constante na traxectoria desta Autoridade Portuaria e non é só historia, senón que a día de hoxe seguimos realizando importantísimas obras de renovación nestas estruturas tan singulares como a que imos acometer nas torres baliza de Camoucos e Mourisca”. Como fixo coa anterior publicación, a Autoridade Portuaria ten previsto distribuír o libro “Vermello a Babor: historia das luces da Ría de Pontevedra” a bibliotecas, arquivos e museos do mar co obxectivo de compartir e contribuír a difundir a memoria histórica e o patrimonio cultural vinculado ao Porto de Marín.
A Autoridade Portuaria edita unha exhaustiva investigación sobre a historia dos sinais marítimos da Ría de Pontevedra