O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

29/01/2026
O Galp Ría de Pontevedra presenta no Porto de Marín a convocatoria de axudas 2026
Cunha dotación de 6.900.000 euro, a nova convocatoria de axudas ao abeiro das Estratexias de Desenvolvemento dos Grupos de Acción Local do Sector de Galicia, no marco do Fondo Europeo Marítimo, de Pesca e de Acuicultura (FEMPA) 2021-2027 xa está en marcha. O próximo martes 3 de febreiro, a entidade fará a presentación oficial da convocatoria en Marín, no Auditorio do Edificio de Operacións Portuarias ás 17:00 horas en colaboración coa Autoridade Portuaria de Marín y Ría de Pontevedra. O obxectivo deste encontro é achegar ao tecido económico, social e administrativo da zona toda a información relativa á nova convocatoria de axudas. A sesión está destinada a empresas, persoas emprendedoras, entidades sen ánimo de lucro e colectivos vinculados ao mar que desexen coñecer as oportunidades de financiamento que ofrece o GALP para proxectos centrados na sostibilidade, a posta en valor dos recursos mariñeiro ou a diversificación da economía local, en liña cos obxectivos da Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). O equipo técnico do GALP explicará as bases da convocatoria e, tralo café, debullará as pautas a seguir para presentar un proxecto con éxito á convocatoria. Para asistir á xornada é preciso inscribirse previamente a través do formulario publicado en redes sociais ou directamente chamando ao GALP Ría de Pontevedra (teléfono 886 21 30 15).
O Galp Ría de Pontevedra presenta no Porto de Marín a convocatoria de axudas 2026