O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

29/01/2026
A Autoridade Portuaria subscribe un convenio para a realización de prácticas coa Universidade da Coruña
A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra continúa co seu compromiso coa responsabilidade social corporativa e a formación de estudantes dos diferentes ciclos formativos e graos universitarios de Galicia. Por iso, do mesmo xeito que fixo coa Universidade de Vigo, acaba de subscribir un convenio coa Universidade da Coruña para a realización de prácticas curriculares para alumnos de Grao e Máster. O convenio, asinado por Jose Benito Suárez Costa e Ricardo José Cao Otero, reitor da UDC, é efectivo a partir de hoxe tras a súa inscrición no REOICO (Rexistro Electrónico Estatal de Órganos e Instrumentos de Cooperación). Ambas as partes acordaron establecer unha senda formativa práctica para que os alumnos coñezan a realidade do mundo da empresa, que será fixada en cada caso segundo o perfil requirido dos estudantes en prácticas. O obxectivo é formar e familiarizar ao alumnado coa realidade profesional tanto da Administración Pública como da xestión empresarial.
A Autoridade Portuaria subscribe un convenio para a realización de prácticas coa Universidade da Coruña