O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

12/12/2025
A Autoridade Portuaria expón o impacto económico e social do porto na VI Xornada de Responsabilidade Social Empresarial
A Autoridade Portuaria participou esta mañá na VI Xornada de Responsabilidade Social Empresarial organizada polo Foro Empresa que reuniu a un centenar de representantes de empresas e institucións da contorna. Durante o evento presentouse o SIET, un Sistema de Intelixencia Económica Territorial que ofrece datos desagregados por municipios da contorna co obxectivo de contribuír á toma de decisións apoiando o labor de análise necesaria para desenvolver estratexias de crecemento sostible. A Autoridade Portuaria é unha das entidades que participou na achega de datos para configurar esta ferramenta. A Autoridade Portuaria participou nunha mesa redonda sobre Economía Azul a través de María García Eyo, Xefa de División de Comunicación e Responsabilidade Social Corporativa, para expoñer o papel do sistema portuario estatal, e máis en concreto o do Porto de Marín, no despregamento de obxectivos económicos, sociais e ambientais que contribúen á xeración de emprego e ao benestar da súa área de influencia. O Porto de Marín, segundo se puxo de manifesto na xornada, é un dos grandes polos xeradores de actividade e emprego na provincia e debe liderar o desenvolvemento de políticas de Responsabilidade Social Corporativa na súa área de influencia.
A Autoridade Portuaria expón o impacto económico e social do porto na VI Xornada de Responsabilidade Social Empresarial