O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

25/09/2025
Maxistrados da xurisdición Mercantil de toda España visitan o porto
A Autoridade Portuaria recibiu onte aos asistentes ao Encontro de Xulgados do Mercantil, xuíces procedentes de toda España que estes días celebran o seu encontro anual en Pontevedra. Os maxistrados visitaron as instalacións portuarias acompañados do presidente da entidade, Jose Benito Suárez Costa. O encontro dos xuíces do Mercantil serve anualmente para abordar os principais retos xurídicos en materia concursal, societaria e de propiedade intelectual. Nesta ocasión, mostraron o seu interese en visitar o Porto de Marín para analizar tamén as implicacións xurídico-mercantís da actividade portuaria, o labor da manipulación de mercadorías ou a seguridade marítima, entre outros aspectos. Guiados polo presidente da Autoridade Portuaria, os xuíces realizaron un percorrido polas principais terminais do porto, entre elas a Terminal Cuberta, terminal de graneis, terminal de froita, terminal de contedores ou terminal ferroportuaria.
Maxistrados da xurisdición Mercantil de toda España visitan o porto