O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

24/09/2025
A Autoridade Portuaria pon en marcha una app para usuarios de aparcamiento
A Autoridade Portuaria xunto á empresa CTRL4 ENVIRO S.L, acaba de poñer en marcha un novo sistema de monitorización intelixente de prazas de aparcamento para que os usuarios poidan coñecer mediante unha aplicación o estado de ocupación das prazas de aparcamento no recinto. Trátase dunha continuación do proxecto piloto Smart Aparcadoiro que se lanzou en 2023 para a zona ao redor de Cabomar, onde se congregan 100 prazas para coche. O proxecto ampliouse a outras zonas, sobre todo próximas a frigoríficos onde acoden cada día moitos traballadores en coches particulares. Con axuda de Intelixencia Artificial, mapeouse a superficie do porto e a través dunha aplicación móbil proporciónase información ao usuario en tempo real sobre o grao de ocupación para asistirlle no aparcamento. Faise de forma moi visual dando información sobre o número de prazas dispoñibles e cun sistema de semáforos de cores indícase se a ocupación nese momento é baixa ou alta. A aplicación chámase “Apparcamientos pto Marín” e está dispoñible para iOs e Android. A información sobre as prazas dispoñibles tamén se ofrece aos vehículos que acceden ao porto nas entradas dos controis de acceso mediante os paneis informativos electrónicos. Co novo sistema, ademais da zona de Cabomar monitorízanse outras parcelas onde se congregan prazas de aparcamento como as zonas de Protea, Galfrío, tendedero de redes, departamentos de talleres ou peirao de reparacións. En total instaláronse 13 cámaras intelixentes que son capaces de detectar as prazas ocupadas e os espazos dispoñibles para un total de 500 sitios de aparcamento. Este novo proxecto está en liña coa estratexia de Transformación Dixital do Porto e coa optimización de infraestruturas portuarias. Os obxectivos son monitorizar en tempo real os niveis de ocupación dos aparcamentos para optimizar as políticas de xestión de tráfico no recinto, recompilar maior información sobre as dinámicas da circulación dentro do porto e mellorar a satisfacción dos usuarios e traballadores de empresas portuarias facilitándolles solucións tecnolóxicas. Android: https://play.google.com/store/apps/details?id=com.ctrl4enviro.apparcamientosmarin iOS: https://apps.apple.com/es/app/apparcamientos-pto-mar%C3%ADn/id6749751523?l=ca
A Autoridade Portuaria pon en marcha una app para usuarios de aparcamiento