11/07/2025
A Autoridade Portuaria envórcase un ano máis na colaboración coas festas de verán de Marín
A Autoridade Portuaria está a participar activamente, como é habitual cada ano, co Concello de Marín e diferentes asociacións sociais e culturais na organización e desenvolvemento das festas de verán e outras actividades relacionadas.
Previamente á gran festa do Carmen, o porto xa prestou a súa colaboración destinando zonas especiais de aparcamento en eventos como a concentración mototurística do Club Golfiños, a edición anual da concentración de tecedoras, organizada por Marín Tece ou a festa do viño.
A Autoridade Portuaria tamén foi este ano una das entidades públicas que colaborou na celebración do Festival de Cinema do Mar organizado polo Museo do Mar de Marín e a concentración de embarcacións antigas para a que se puxeron pantaláns ao dispor dos organizadores.
En canto ás festas do Carmen, o porto puxo onte ao dispor do Concello espazo para a operativa da Batalla de Flores nocturna e ten habilitadas zonas de aparcamento extra na zona máis próxima á praza Marqués de Valterra que estará dispoñible en franxas horarias determinadas durante os días nos que se celebren grandes eventos en Marín.
Ademais, como é habitual, o porto montará un dispositivo especial para o día do Carmen para colaborar cos actos que se celebran na Escola Naval de Marín, especialmente significativos este ano pola presenza da infanta Leonor tras culminar a súa etapa de instrución no Juan Sebastián Elcano.
O porto tamén será o punto de partida para a procesión marítima do Día do Carmen, en honra á patroa da xente do mar. Ademais, a finais deste mes, a Autoridade Portuaria volverá prestar a súa colaboración ao Concello nun evento deportivo, nesta ocasión, a Carreira +10, para a que se habilitarán desvíos de tráfico polo interior do recinto portuario ademais de espazo de aparcamento.
O presidente da Autoridade Portuaria, Jose Benito Suárez Costa, destacou a fluída relación que existe co Concello de Marín e as asociacións da contorna e o compromiso do porto para prestar apoio en todos os actos festivos e sociais que se celebran na contorna. Ademais, Suárez Costa destacou “o gran traballo que fai o persoal da Autoridade Portuaria, en especial, a policía portuaria e o Responsable de Seguridade do porto que, ademais das súas tarefas diarias, non escatiman esforzo para facilitar que toda a cidadanía poida gozar destas festas”.