O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

11/06/2025
O presidente da Autoridade Portuaria reúnese con representantes das confrarías da Ría
Jose Benito Suárez Costa, acompañado de persoal directivo da Autoridade Portuaria, recibiu esta mañá a representantes das confrarías da Ría de Pontevedra dentro da liña de contactos periódicos que o porto leva a cabo co sector pesqueiro. Á reunión acudiron representantes das Confrarías de Lourizán, Pontevedra, Raxó e Bueu cuxo patrón maior é ademais o presidente da Federación de Confrarías da provincia de Pontevedra. Suárez Costa expúxolles os principais proxectos en marcha no Porto de Marín e destacou a importancia de “manter a canle de comunicación e diálogo permanentemente aberto” cos representantes do sector.
O presidente da Autoridade Portuaria reúnese con representantes das confrarías da Ría