O Porto

Responsabilidade Social Corporativa

POLÍTICA DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Misión da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é xestionar, administrar, explotar o Porto e controlar os servizos portuarios, liderando a comunidade portuaria na constante búsqueda da excelencia operativa contribuíndo ó desesenvolvemento da súa zona de influencia, todo elo en equilibrio coa contorna.

O Porto de Marín  ubícase na Ría de Pontevedra, unha contorna medioambiental e socialmente sensible. O porto ten asumido o seu papel tractor como motor económico e xenerador de emprego na comarca así como a súa dimensión de empresa pública ó servizo do interese xeral dos usuarios, empresas e veciños cos que convive.

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra é consciente dos impactos social, económico e medioambiental que teñen as actividades portuarias na súa área de influencia e está comprometida cos clientes, traballadores, comunidade portuaria, entorno social e outros grupos de interese desenvolvendo accións concretas de Responsabilidade Social Corporativa nas áreas de:



PORTO SUSTENTABLE

COMPROMISO PORTO CIDADE

CULTURA ÉTICA CORPORATIVA

CAPITAL HUMANO



NOVAS DE RESPONSABILIDADE SOCIAL CORPORATIVA

Noticias

15/10/2024
Suárez Costa recibe á tripulación do patrulleiro Tabarca
O presidente da Autoridade Portuaria recibiu esta mañá á tripulación do patrulleiro Tabarca co seu comandante, o Tenente de Navío, Pablo Lewicki, quen fixo entrega á institución dunha acuarela do patrulleiro na súa base da Escola Naval Militar de Marín. O Tabarca entrou en servizo na Armada o 31 de decembro de 1981 e desde entón ten base na ENM. A súa misión principal, como buque integrante da Forza de Acción Marítima, é efectuar vixilancia no mar co obxectivo de protexer os intereses marítimos nacionais. Ademais participa no adestramento de alumnos da Escola Naval, efectúa colaboracións con outras unidades da Armada e coopera con organismos civís en diversas tarefas. É o oitavo buque da serie “ANAGA”, composta inicialmente por dez unidades das que actualmente quedan tres en servizo. Este patrulleiro toma o seu nome de Tabarca, unha pequena illa da provincia de Alacante. A actual tripulación do Tabarca, comandada por Pablo Lewicki, asistiu a unha charla sobre o funcionamento do sistema portuaria estatal a cargo do director da Autoridade Portuaria, Miguel Ángel Navarro. A continuación viraron unha visita polas instalacións portuarias para coñecer de preto as diferentes terminais especializadas coas que conta o porto.
Suárez Costa recibe á tripulación do patrulleiro Tabarca