A Autoridade Portuaria adxudica a TECNORED S.A. o proxecto de instalación eléctrica nos peiraos Reboredo
A mesa de contratación da Autoridade Portuaria de Marín adxudicou á empresa TECNORED S.A o proxecto de infraestrutura eléctrica subterránea en alta tensión (AT) para a subministración eléctrica dun novo centro de seccionamiento con capacidade de 2.000 kVa nos peiraos Reboredo da terminal de contedores. O obxecto destas obras é a futura instalación de OPS (Onshore Power Supply) para a atracada dos buques portacontedores nos Peiraos de Reboredo. A actuación adxudicouse por 318.000 euros (IVE incluído) e un prazo de execución de 6 meses. A obra está financiada polo programa de fondos europeos FEDER 4.
A electrificación de peiraos mediante sistemas OPS (Onshore Power Supply), é un sistema para fornecer enerxía aos barcos en porto e permite aos buques atracados conectarse á rede eléctrica terrestre sen utilizar os seus motores diéseis auxiliares que se usan actualmente. Isto reduce de forma notable as emisións á atmosfera e redunda na sustentabilidade do tráfico de mercancías por vía marítima. Constitúe unha medida fundamental para propiciar a transición enerxética e a descarbonización do transporte marítimo. Ademais, tamén avanza no cumprimento da Lei Europea do Clima, que estableceu un obxectivo intermedio de redución das emisións do 55% en 2030 con respecto a 1990.