Sustentabilidade

Noticias de Sustentabilidade

NOTICIAS DE SUSTENTABILIDADE

Noticias

25/02/2026
A Autoridade Portuaria comeza os trámites para a electrificación dos peiraos Reboredo
A Autoridade Portuaria vén de sacar a licitación a asistencia técnica para a redacción do proxecto de instalación eléctrica a buques nos peiraos Adolfo Reboredo, na terminal de contedores do Porto de Marín, nos que se acometarán instalacións OPS e unha subestación. A obra está cofinanciada polo programa de fondos europeos FEDER4. A electrificación de peiraos mediante sistemas OPS (Onshore Power Supply), é un sistema para fornecer enerxía aos barcos en porto e permite aos buques atracados conectarse á rede eléctrica terrestre sen utilizar os seus motores diésel auxiliares que se usan actualmente. Isto reduce de forma notable as emisións á atmosfera e redunda na sustentabilidade do tráfico de mercadorías por vía marítima. Constitúe unha medida fundamental para propiciar a transición enerxética e a descarbonización do transporte marítimo.
A Autoridade Portuaria comeza os trámites para a electrificación dos peiraos Reboredo