Sustentabilidade

Noticias de Sustentabilidade

NOTICIAS DE SUSTENTABILIDADE

Noticias

05/11/2025
Persoal da Autoridade Portuaria fórmase na prevención e loita contra incendios
Unha decena de traballadores da Autoridade Portuaria participou onte nun curso sobre prevención e loita contra incendios nunha xornada que se celebrou nas instalacións da empresa de formación SEGANOSA (Seguridade Galega Nosa Terra S.A), en Salvaterra do Miño. A formación incluíu contido teórico e prácticas de extinción de incendios provocado con diferentes combustibles e utilizando diversos axentes extintores. Ademais realizáronse prácticas de despregamento, presurización e configuración da técnica de “cono de ataque” con bocas de incendio equipadas. Os participantes nesta formación son persoal dos equipos de primeira intervención segundo recolle o Plan de Emerxencia Interior e de Autoprotección do Porto de Marín.
Persoal da Autoridade Portuaria fórmase na prevención e loita contra incendios