Sustentabilidade

Noticias de Sustentabilidade

NOTICIAS DE SUSTENTABILIDADE

Noticias

27/06/2025
O Comité de Protección do Porto de Marín aproba a revisión da avaliación do Plan de Protección do porto
A Autoridade Portuaria reuniu onte ao Comité Consultivo de Protección do porto para informarlle das últimas actuacións realizadas en materia de seguridade e protección. O Comité está formado, ademais de pola Autoridade Portuaria, por membros do Ministerio de Defensa, Capitanía Marítima, Garda Civil, Policía Nacional, Subdelegación do Goberno, Axencia Tributaria e Dirección Xeral de Emerxencias da Xunta de Galicia. A súa labor é asesorar ao porto en materia de protección e seguridade. Trátase dun espazo de cooperación interinstitucional clave para a planificación, coordinación e mellora continua das medidas de seguridade e protección fronte a posibles ameazas no ámbito portuario. Na sesión celebrada déuselles conta das últimas actuacións realizadas nesta materia como a formación de traballadores como oficiais de protección de instalacións portuarias, a incorporación dun técnico de seguridade, medio ambiente e prevención de riscos, novos procedementos relativos á gravación de imaxes ou controis de alcol e drogas ou os últimos exercicios e simulacros realizados. O Comité deu ademais o seu visto bo á avaliación do plan de protección actualizado do porto, previo á súa aprobación polo Ministerio do Interior.