Sustentabilidade

Noticias de Sustentabilidade

NOTICIAS DE SUSTENTABILIDADE

Noticias

15/02/2024
A Autoridade Portuaria puxo en valor o 82% dos residuos xenerados en 2023
Os diferentes sistemas implantados no Porto de Marín para a recollida selectiva e reutilización de residuos por parte da Autoridade Portuaria, instalacións frigoríficas e departamentos de exportadores entre outros, deron como resultado a retirada de 1.337.738 quilos de residuos durante o ano 2023. A consolidación da recollida selectiva no porto por parte da Autoridade Portuaria e a empresa de Servizos Portuarios Cantodarea, e a cada vez maior concienciación dos usuarios, facilita a xestión portuaria dos diferentes residuos. Deste xeito, unha vez descartados os residuos sólidos urbanos e asimilables que ascenden a un 17,9% do total, o 82,1% restante foi valorizable durante o pasado exercicio ao estar separado en orixe. Os sistemas de xestión de residuos fóronse facendo extensivos a un cada vez maior número de instalacións en toda a comunidade portuaria nos últimos anos. Como resultado, entre 2013 e 2023 retiráronse de forma selectiva máis de 10 millóns de quilos de material de desfeito. O Porto de Marín ten adquirido un pleno compromiso na xestión ambiental de residuos relacionados coas actividades marítimas e portuarias. O maior volume de residuos separados en orixe durante 2023 corresponde ás redes e séguenlle o papel e cartón , ademais doutras importantes cantidades de plásticos e restos de madeira ademais de 18 toneladas de lixos mariños.
A Autoridade Portuaria puxo en valor o 82% dos residuos xenerados en 2023