ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

24/02/2023
O Consello de Administración aproba o Plan de Conducta da Autoridade Portuaria
 Tras a aprobación e publicación do plan antifraude para a Autoridade Portuaria, o Consello de Administración aprobou esta tarde o Código de Conduta da entidade, documento complementario ao Plan. As medidas de control antifraude poñen especial énfase no ámbito de execución dos fondos MRR (Mecanismo de Recuperación e Resiliencia), tendo en conta as competencias exclusivamente administrativas que ten atribuídas a Autoridade Portuaria. O Plan está deseñado para catro grandes áreas de loita contra a fraude: prevención, detección, corrección e persecución. O documento tamén contempla o procedemento r para o tratamento dos posibles conflitos de interese e é aplicable a todas as actuacións e proxectos da Autoridade Portuaria que conten con financiamento de fondos NEXT GENERATION e MRR dentro do establecido no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O Código de Conduta complementa ao plan e recolle os principios éticos e actuacións que deben rexer para todo o persoal da Autoridade Portuaria en materia -entre outras cuestións- de igualdade, respecto ás persoas, prevención, protección do medio ambiente, servizo público, etc. Eficiencia enerxética O Consello de Administración celebrado esta tarde aprobou ademais unha autorización para a instalación de paneis fotovoltaicos na cuberta do estaleiro de Nodosa con destino a autoconsumo. Ademais instalarán dous puntos de recarga para vehículos eléctricos na zona de aparcamento da concesión. O Consello valorou a aposta do estaleiro polo uso de enerxías renovables e a contribución ao desenvolvemento sostible en liña coa estratexia ambiental da Autoridade Portuaria. Así mesmo, aprobouse unha ampliación na concesión administrativa da empresa frigorífica Cabomar, con destino a mellorar a sala de máquinas coa incorporación de novos equipos de xeración de frío e a adquisición de novos equipos de envasado e pesada. A actividade da pesca conxelada e refrixerada no Porto de Marín, resulta de interese estratéxico para esta Autoridade Portuaria, sendo obxectivo prioritario impulsar e afianzar melloras na produtividade dos procesos que integran a cadea de valor desde a recepción e tratamento do recurso en orixe, ata a chegada ao consumidor final. Inicio de ano O presidente da Autoridade Portuaria informou os conselleiros dos datos do mes de xaneiro, destacando unha considerable subida con respecto ao primeiro mes do ano anterior. O porto rexistrou neste inicio de ano, un incremento de mercadorías en todos os principais capítulos.
O Consello de Administración aproba o Plan de Conducta da Autoridade Portuaria