INFORMACIÓN SOBRE EMERXENCIAS

PLAN DE EMERXENCIA INTERIOR

O porto de Marín conta con de un Plan de emerxencia Interior e Autoprotección conforme ao Real Decreto Real Decreto 145/1989, do 20 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento Nacional de Admisión, Manipulación e Almacenamento de mercadorías perigosas nos portos e ao Real Decreto 393/2007 do 23 de marzo, polo que se aproba a Norma Básica de Autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poden dar orixe a situacións de emerxencia.


Descargar plan de emerxencia interior do Porto de Marín.

PLAN DE EMERXENCIA MARÍTIMO

A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra desenvolveu ao longo dos últimos anos unha política de protección do medio ambiente e de prevención da contaminación mariña, que ten a súa continuación na elaboración do Plan de Continxencias por contaminación mariña accidental co que pretende dotarse dunha ferramenta que lle permita afrontar calquera contaminación que poida producirse no seu ámbito de actuación, ao mesmo tempo que se dá cumprimento ás esixencias da normativa estatal e autonómica neste campo.


Descargar plan de emerxencia marítimo do Porto de Marín.