Renovación e mellora das instalacións interiores da lonxa I. Renovación das bases articuladas dos piares

ESTADO: FINALIZADA

A obra executouse por un valor de 830.000 euros (impostos excluídos) e cun prazo de execución de 10,5 meses. A Autoridade Portuaria contou con cofinanciamento europeo para a súa realización, a través dos fondos FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura). A lonxa de Marín está en servizo desde 1976 e a súa proximidade á contorna salina fixo necesaria a renovación puntual das bases articuladas dos seus piares. Os traballos conlevaron a montaxe dunha estrutura metálica auxiliar para a revisión, renovación estrutural e disposición de novas rótulas nos piares. Para a Autoridade Portuaria é unha prioridade o mantemento das instalacións e servizos que se prestan ao sector pesqueiro e así o recolle no seu Plan de Investimentos.

Renovación e mellora das instalacións interiores da lonxa II. Nova cuberta na zona da sala de vendas.

ESTADO: FINALIZADA

PRACE, SERVIZOS E OBRAS S.A executou a obra de “renovación e mellora das instalacións interiores da lonxa; nova cuberta na zona de vendas”, con cofinanciamento europeo a través dos fondos FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura). A actuación consistiu na adecuación da cuberta existente na zona de vendas do edificio da lonxa construíndo unha sobrecubierta metálica sobre a estrutura de formigón. O obxectivo é que esta nova estrutura proporcione estanqueidad fronte a filtracións de auga, protexa a actual estrutura de formigón existente, albergue os equipos de climatización e aumente a eficiencia térmica nas dependencias. O orzamento base de licitación ascendeu a 786.237 euros.

Renovación e mellora das instalacións interiores da lonxa III. Illamento e climatización de sala de vendas.

ESTADO: EN EXECUCIÓN

A Autoridade Portuaria de Marín está a acometer os traballos de renovación e mellora das instalacións interiores da lonxa na súa terceira fase. A obra está cofinanciada con Fondos Europeos FEMPA. En concreto, lévase a cabo o illamento e climatización da sala na que ten lugar a exposición e venda do peixe, situada na lonxa do porto, construída en 1976. A mellora do illamento e a renovación do sistema de climatización do edificio desta sala mellorará o aforro do consumo enerxético e mellorará a sustentabilidade e eficiencia do porto.

Melloras da sustentabilidade dos peiraos de pesca e as lonxas. Mellora das instalacións para eficiencia enerxética.

ESTADO: EN EXECUCIÓN

Trátase dunha actuación de preto de 900.000 euros, cofinanciada polo fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura (FEMPA). Neste novo proxecto, prevese a implantación dunha instalación fotovoltaica na cuberta da lonxa para xeración de enerxía eléctrica. Con iso preténdese obter unha considerable mellora da eficiencia enerxética e autoconsumo, reducindo ademais as emisións á atmosfera.

Mellora na rede de saneamento do Peirao Pesqueiro Norte e zona de tendedero de redes descuberto.

ESTADO: FINALIZADA

A Autoridade Portuaria executou a obra de “renovación do saneamento no Peirao Pesqueiro Norte e zona do tendedero de redes descuberto” con financiamento europeo a través de Fondos FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura). A obra, incluída no Plan de Investimentos do Porto, consistiu na renovación e impermeabilización de tubaxes e pozos de rexistro co obxecto de evitar filtracións de auga salgada á rede. O adxudicatario da obra foi a empresa Viaqua e o presuesto (IVE excluído), ascendeu a 330.000 euros.

Renovación de rede de pluviais en contorna de edificio de operadores portuarios do sector pesqueiro.

ESTADO: FINALIZADA

A Autoridade Portuaria executou a obra de renovación da rede de pluviais na contorna do edificio de operadores portuarios do sector pesqueiro coa que se modificou o trazado da mesma e renováronse os tramos necesarios. Trátase dunha actuación cofinanciada con fondos europeos FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura) na que se investiron uns 360.000 euros .A obra de renovación de pluviais foi adxudicada á empresa Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia S.A.U.