O Porto de Marín atópase nun momento crucial para o seu desenvolvemento a medio prazo e está inmerso en diversos e importantes proxectos, tanto no eido das infraestructuras como no da xestión da calidade, las políticas medioambientais e a colaboración coa iniciativa privada para a captación e consolidación de tráficos estratéxicos.
O obxectivo común é ofrecer o mellor servizo ó cliente e aumentar a oferta para facer fronte ás demandas do tráfico marítimo internacional. Este porto ten como reto a mellora continua da calidade dos servizos prestados. A seguridade das operación así como a axilidade e eficiencia na transferencia de mercadorías están a facer de Marín un porto competitivo onde prima o trato co cliente e a intermodalidade.
O interese de todos os que formamos a comunidade portuaria é que o Porto de Marín continue a medrar en tódolos frontes para seguir xerando riqueza e emprego no noso contorno. Conto para iso con todos; co esforzo e adicación dos traballadores da Autoridade Portuaria, co apoio das administración e co compromiso das empresas e clientes que forman a comunidade portuaria.
É a nosa misión e, ó tempo, o noso reto, liderar o desenvolvemento da comarca e facer de Marín un referente no transporte marítimo de mercadorías.
El Presidente
José Benito Suárez Costa