Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

28/04/2016
Maersk obtén autorización do Consello de Administración para operar en Marín
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra celebrado esta tarde acordou outorgar a Maersk Spain SLU unha autorización para a prestación do servizo comercial de consignación de mercadorías en contedor no Porto de Marín. O presidente da Autoridade Portuaria informou o Consello do próximo inicio das operacións desta navieira tras o acordo alcanzado pola compañía danesa con Pérez Torres Marítima, empresa concesionaria da terminal de contedores do Porto de Marín. Os conselleiros, pola súa banda, manifestaron a súa satisfacción polo incremento de actividade para a comarca que supoñerá este tráfico. O presidente lembrou que o Porto de Marín leva prestando máis de vinte anos un servizo solvente e de calidade ás principais navieiras internacionais de contedores e, entre elas, as que fan roteiros transoceánicas. Marín é primeiro porto de escala en Europa para diversas liñas regulares procedentes do continente americano e demostrou a súa capacidade para ofrecer de forma áxil, segura e eficiente todos os servizos ligados ao tráfico de contedores, chegando a operar megabuques de máis de 280 metros de eslora e máis de 4.000 teus de capacidade. A terminal de contedores do Porto de Marín conta con varias atracadas que suman 500 metros de lonxitude e calados de 14 metros (en ampliación ata os 15 metros), ademais de dispoñer dunhas 500 conexións reefer, maquinaria especializada e todos os servizos necesarios para atender tráficos internacionais e transoceánicos, entre eles unhas modernas instalacións de PIF (Posto de Inspección Fronteirizo) con seis bocas de inspección que se ampliarán ata ser nove. A terminal atende a clientes de toda Galicia, Portugal e zonas limítrofes. Ademais, a capacidade frigorífica do Porto de Marín supera os 260.000 metros cúbicos de almacenamento tanto para produtos conxelados como para froita. Por outra banda, o Porto de Marín dispón de conexión directa a través de autoestrada e conta con ferrocarril a pé de peirao, outro elemento fundamental para tráficos como o de contedores. Marín é un dos primeiros portos de todo o Estado en utilización porcentual deste medio de transporte, polo que é un porto punteiro en intermodalidad que atende cada vez a un hinterland maior, chegando actualmente con tres trens semanais á zona do Mediterráneo, sur de España e sur de Portugal .