Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

30/05/2019
O Consello aproba a creación da sede electrónica para o Porto de Marín
O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou esta tarde a creación e regulación da sede electrónica do organismo, así como do rexistro electrónico.En coordinación con Portos do Estado, a Autoridade Portuaria procedeu a licitar unha solución integral de administración electrónica para a realización de diferentes trámites que estará dispoñible proximamente desde a páxina web www.apmarin.com.además, o Consello aprobou a subscrición dun convenio entre a Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra para a protección do medio ambiente e a información océano-meteorolóxica na contorna portuaria.A administración autonómica conta cunha rede de estacións meteorolóxicas, de calidade do aire e oceanográficas, tanto para a observación como para desenvolver modelos preditivos que permiten avanzar o comportamento atmosférico e oceanográfico. O convenio coa Autoridade Portuaria contempla o mantemento das estacións meteorolóxicas que se instalen no recinto portuario. O Consello aprobou ademais de forma definitiva o Plan de Empresa 2019 da Autoridade Portuaria, acordado con Portos do Estado.