Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

28/11/2025
A Autoridade Portuaria prorroga o seu convenio de cesión para o Centro de Formación A Aixola
O Consello de Administración aprobou esta tarde a prórroga do convenio coa Consellería do Mar para a cesión do uso do Centro de Formación “A Aixola”, dentro do dominio público portuario que xestiona a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra. A Aixola realiza actividades de formación continua e ocupacional destinadas a traballadores do sector pesqueiro. A cesión prorrógase durante catro anos e mostra o compromiso da Autoridade Portuaria coa Responsabilidade Social Corporativa e a formación, especialmente no relativo ao sector da pesca. O Consello de Administración tamén aprobou o nomeamento de novos membros do Consello de Navegación e Porto. En concreto, incorpóranse como vogais a este órgano consultivo representantes do Ministerio de Defensa, do Ministerio de Transporte e Movilidad Sostible, do Ministerio de Política Territorial e Función Pública, do Ministerio para a transición ecolóxica e o reto demográfico e da Consellería do Mar. Os conselleiros tamén foron informados da marcha dos tráficos ata o mes de outubro, período no que o porto rexistra cifras próximas aos dous millóns de toneladas de movemento de mercadorías. Entre as mercadorías que crecen este ano destaca a mercadoría xeral non contenerizada, especialmente as froitas e hortalizas, o material de construción, a pesca conxelada, os compoñentes eólicos ou os produtos siderometalúrgicos.
A Autoridade Portuaria prorroga o seu convenio de cesión para o Centro de Formación A Aixola