Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

27/06/2025
O Consello de Administración aproba o concurso público para a explotación da cafetería do porto
O Consello de Administración aprobou na súa sesión de xuño os pregos de bases e de explotación do concurso público para a concesión da cafetería do porto. Trátase dun local propiedade da Autoridade Portuaria, de 424 metros cadrados de superficie, situado en planta baixa nas inmediacións do peirao pesqueiro e que foi destinado xa en períodos anteriores a bar-cafetería. O obxectivo é dar servizo a un número crecente de usuarios do porto nunha zona central e equidistante dos usos comercial, pesqueiro e complementarios. A concesión outorgarase por un prazo de oito anos. Contas anuais e tráficos O Consello tamén aprobou as contas anuais do exercicio 2024 da Autoridade Portuaria que inclúen o balance, a conta de perdas e ganancias, o estado de cambios no patrimonio neto e o estado de fluxos de efectivo, todo iso tras a emisión do informe de auditoría pola Intervención Xeral da Administración do Estado. Por outra banda, deuse conta da evolución do tráfico de mercadorías ata o mes de maio, no que se rexistrou un descenso do 7% con respecto ao exercicio anterior, fundamentalmente motivado pola menor importación de graneis sólidos durante este primeiros cinco meses do ano. Pola contra, medra preto do 5% a mercadoría xeral convencional con significativos aumentos de produtos siderúrxicos e pesca conxelada. O número de buques que atracou en porto durante o primeiros cinco meses do ano tamén experimentou un crecemento do 7%.