29/05/2025
O Consello aproba o Plan de Empresa 2026 que se presentará a Portos do Estado
O Consello de Administración aprobou de forma inicial do Plan de Empresa 2026 da Autoridade Portuaria. Este documento terá que ser ratificado agora por Portos do Estado nunha reunión prevista para a próxima semana que se celebrará en Madrid e á que asistirá o presidente Jose Benito Suárez Costa, acompañado de persoal directivo da entidade.
O plan de empresa 2026, con ano de horizonte 2029, adapta a súa estrutura ás dimensións económica, ambiental e social do Marco Estratéxico do sistema portuario de interese xeral, que supón un documento de referencia para a planificación portuaria.
No capítulo de investimentos, o plan de empresa fai mención á priorización de trámites e calendarios asociados ao desenvolvemento das actuacións financiadas a través do Mecanismo de Recuperación e Resiliencia (MRR) do que o sistema portuario é beneficiario, do mesmo xeito que as obras financiadas con fondos FEDER e FEMPA correspondentes ao marco 2021-2027.
En relación á dimensión ambiental considérase prioritario desenvolver accións dirixidas á mellora da calidade ambiental, logro de portos ecoeficientes (con melloras de eficiencia enerxética e proxectos de economía circular) e a contribución á mitigación do cambio climático mediante a redución da pegada de carbono, entre outras medidas.
No relativo á dimensión social prevense actuacións para avanzar na relación porto-cidade, seguimento periódico dos plans de emerxencia, autoprotección, loita contra a contaminación mariña e plans de protección. Recóllese a intención de seguir impulsando unha cultura ética corporativa, transparencia e sistemas de comunicación eficaces.