Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

04/04/2025
O Consello autoriza a prestación de servizos a unha nova empresa consignataria
O Consello de Administración aprobou a autorización para a prestación do servizo comercial de consignación de buques no Porto de Marín a un novo consignatario. Trátase da empresa MARÍTIMA SOGOCO S.L. Segundo establece a lexislación portuaria, esta autorización préstase por un prazo de cinco anos, prorrogable anualmente de maneira automática salvo renuncia expresa da empresa. Informe de Xestión Na súa reunión desta tarde, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria tamén analizou os datos definitivos do informe de xestión do exercicio 2024 que finalizou cun movemento de 2.573.093 toneladas, o que supuxo un crecemento do 21,31% e a consecución dunha cifra histórica de tráfico portuario en Marín. Este crecemento vincúlase fundamentalmente co movemento de acha de madeira, o crecemento do tráfico de pasta de papel, madeira e froita como mercadoría xeral convencional, o de pensos e forraxes en graneis agroalimentarios e o de mercadoría xeral en contedor. O total de buques mercantes durante 2024 foi de 486, o que supón un aumento do 4,5% con respecto ao exercicio anterior. En canto a outros aspectos de xestión do ano 2024 destaca a implantación dun sistema de control interno da información financeira, dando cumprimento aos principios de transparencia e bo goberno, un plan de seguimento e execución dos Fondos MRR, a execución do Plan de Investimentos onde destacan os proxectos de automatización e monitorización da rede ferroviaria interior do porto, as renovacións de defensas nos peiraos comerciais e pesqueiros e as actuacións en materia de seguridade e medio ambiente. Durante 2024 tamén se realizou un Plan de consolidación da infraestrutura TIC na nube, o que permite reducir os riscos en materia de ciberseguridade e un Plan de mantemento preventivo de activos, para actuacións relacionadas coa conservación de infraestruturas, maquinaria e equipos, que permiten un mellor desempeño dos recursos e a redución de riscos humanos e materiais. Tráficos O Consello tamén foi informado sobre a marcha do tráfico de mercadorías durante os primeiros meses deste ano. Ata febreiro, o Porto moveu máis de 400.000 toneladas, unha cifra moi similar á acumulado nos dous primeiros meses do ano en 2024. A mercadoría en contedor é a que máis crecemento acumulou neste inicio de ano, cun aumento do 10% no bimestre. Paneis fotovoltaicos O Consello aprobou a autorización para a instalación de novos paneis fotovoltaicos na concesión administrativa que ten o estaleiro Nodosa S.L no porto. Os paneis irán situados na cuberta da nave taller e é unha instalación para autoconsumo e mellora da eficiencia enerxética. Esta actuación vai en liña co interese estratéxico ambiental da Autoridade Portuaria xa que supón unha aposta polo uso das enerxías renovables, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e a reducir significativamente a dependencia enerxética doutras fontes máis contaminantes. Concesión cantina O Consello aprobou outorgar unha concesión administrativa por un prazo de 20 anos ao Concello de Marín para a explotación das instalacións da cantina do paseo Alcalde Blanco. As instalacións ocupan unha superficie duns 193 metros cadrados entre cafetería, terraza e terreo auxiliar á edificación. Esta iniciativa forma parte do proxecto de humanización deste espazo peonil e a mellora de servizos de lecer e recreo para a cidadanía.
O Consello autoriza a prestación de servizos a unha nova empresa consignataria