Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

27/09/2024
O Consello autoriza a prestación de servizos a unha nova empresa consignataria no porto
O Consello de Administración aprobou a autorización para a prestación do servizo comercial de consignación de buques no Porto de Marín a un novo consignatario. Trátase da empresa COMARSA (Consignacións e Operacións Marítimas S.A). Segundo establece a lexislación portuaria, esta autorización préstase por un prazo de cinco anos, prorrogable anualmente de maneira automática salvo renuncia expresa da empresa. Descarga de pesca conxelada Na súa reunión desta tarde, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria tamén aprobou outorgar unha nova licenza para a prestación do servizo de manipulación de mercadorías para pesca conxelada a granel e paletizada á empresa Estiba e Desestiba do Noroeste S.L. Novo práctico Por outra banda, o Consello aprobou o nomeamento como práctico habilitado definitivamente de D. Antonio Ortega Sebastián, quen superou as probas convocadas pola Dirección Xeral da Mariña Mercante para exercer esta labor de practicaje no Porto de Marín.