27/06/2024
O Consello aproba as contas anuais da Autoridade Portuaria correspondentes ao exercicio 2023
O Consello de Administración aprobou as contas anuais da Autoridade Portuaria correspondentes ao exercicio 2023, unha vez emitido o informe de auditoría pola Intervención Xeral da Administración do Estado no que se indica que as contas expresan, en todos os aspectos significativos, a imaxe fiel do patrimonio e a situación financeira da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra ao 31 de decembro de 2023, así como dos seus resultados e fluxos de efectivo correspondentes ao exercicio anual de conformidade co marco normativo que resulta de aplicación”.
Nas contas aprobadas reflíctese un importe neto da cifra de negocio de nove millóns de euros, similar ao obtido o exercicio anterior, e o resultado do exercicio sitúase en 1,6 millóns de euros. Os resultados obtidos permitiron atender os gastos correntes do exercicio cumprindo os compromisos orzamentarios asumidos, dando soporte ao proceso investidor e respectando o principio de sustentabilidade financeira cunha rendibilidade razoable conforme ao previsto na normativa portuaria.
Concesión administrativa
Na liña estratéxica de relación Porto-Ciudad, o Consello de Administración aprobou o outorgamento dunha concesión administrativa ao Concello de Marín para o uso náutico-deportivo da dársena do cemiterio de chalanas. O Concello conta cun proxecto de recuperación, limpeza e limpeza deste espazo para poñelo en valor dando continuidade ao trazado do paseo marítimo de Marín.