Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

01/03/2024
Suárez Costa da conta ó Consello de Administración do balance de xestión de 2023
Na súa primeira sesión do ano, o Consello de Administración da Autoridade Portuaria, como máximo órgano colexiado de decisión do porto, recibiu información sobre o balance de xestión portuaria do ano 2023, a cargo do seu presidente Jose Benito Suárez Costa. O exercicio 2023 finalizou cun movemento de 2.120.417 toneladas de mercadoría, practicamente mantendo as cifras do exercicio precedente que se pechou con 2.117. 937 toneladas. Suárez Costa explicou aos conselleiros que o mantemento dos servizos marítimos regulares, a consolidación do tráfico de graneis agroalimentarios e a fidelización do movemento de mercadorías estratéxicas como a pasta de papel, os produtos siderúrxicos ou o peixe conxelado, permitiron ao porto manterse por encima dos dous millóns de toneladas nun contexto económico complexo para o comercio internacional de mercadorías. “A pesar de que o tráfico medio do sistema portuario estatal reduciuse nun 3,3% en 2023, Marín conseguiu manterse, o cal é un logro importante”, engadiu o presidente. No balance destaca o 13,7% de crecemento da mercadoría xeral convencional (non contenerizada), grazas á recuperación do tráfico de pasta de papel que en 2022 viuse reducido polo cesamento temporal de actividade da fábrica de Ence como consecuencia dunha persistente situación de seca. Tamén se aprecia un notable incremento no capítulo de cereais e as súas fariñas, cunha subida do 13,55% ou o trigo cun 38% de subida. En canto á distribución da mercadoría en 2023, o Porto de Marín logrou un exercicio máis manter un equilibrio entre a mercadoría xeral (50,74% do tráfico total) e os graneis sólidos. Outro dos datos máis destacables do balance do ano é o incremento no movemento de ferrocarril para tráficos tanto de entrada como de saída do recinto portuario e que alcanzou en 2023 as 383.688 toneladas. “Isto sitúa novamente ao Porto de Marín como líder en intermodalidad portuaria cun 18% de participación do ferrocarril na operativa portuaria”, sinalou Jose Benito Suárez Costa. Récord en xaneiro O presidente da Autoridade Portuaria tamén se referiu aos datos de comezo do ano 2024, nos que o porto rexistrou un movemento mensual por encima das 300.000 toneladas, principalmente motivado polas importantes descargas de graneis sólidos que se produciron neste mes, tanto de agroalimentarios como de madeira. Ampliación de prazo concesional Entre outros asuntos, o Consello de Administración aprobou a ampliación en oito anos do prazo concesional para a terminal polivalente de contedores cuxo concesionario é Pérez Torres Marítima, nos termos e condicións que establece a actual Lei de Portos.
Suárez Costa da conta ó Consello de Administración do balance de xestión de 2023