Actualidad

Acordos do Consello

ACORDOS DO CONSELLO

 

Noticias

29/09/2022
 O Consello aproba o plan de medidas antifraude elaborado por Keep Compliance S.L
O Consello de Administración celebrado esta tarde aprobou, entre outros asuntos, o documento planificador de medidas antifraude da Autoridade Portuaria elaborado por Keep Compliance S.L, empresa especializada en cumprimento normativo que no mes de xuño xa realizara unha presentación do traballo #ante os conselleiros portuarios. O obxecto deste plan é establecer políticas, procedementos e metodoloxías que permitan dar cumprimento aos establecido na Orde HPF/1030/2021 do 29 de setembro, pola que se configura o sistema de xestión do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. As medidas de control antifraude poñen especial énfase no ámbito de execución dos fondos MRR (Mecanismo de Recuperación e Resiliencia), @teniendo en cuenta as competencias exclusivamente administrativas que ten atribuídas a Autoridade Portuaria. O Plan revisarase anualmente e está deseñado para catro grandes áreas de loita contra a fraude: prevención, detección, corrección e persecución. O documento tamén contempla o procedemento para seguir para o tratamento dos posibles conflitos de interese e é aplicable a todas as actuacións e proxectos da Autoridade Portuaria que conten con financiamento de fondos NEXT GENERATION e MRR dentro do establecido no Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia. O tráfico portuario crece un 4% ata agosto Os conselleiros tamén coñeceron o detalle da actividade portuaria ata o mes de agosto. A falta do terceiro cuadrimestre, o porto está a rexistrar un crecemento do 4% no tráfico de mercadorías. O capítulo que máis crece é o dos graneis sólidos, pero tamén se rexistran subidas na mercadoría xeral en contedor, compoñentes eólicos ou a pesca tanto fresca como conxelada. O número de buques mercantes e a súa capacidade total tamén rexistra un incremento importante con respecto ao mesmo período do ano anterior.
 O Consello aproba o plan de medidas antifraude elaborado por Keep Compliance S.L