29/04/2022
O Consello de Administración aproba o Plan de Empresa 2022
O Consello de Administración aprobou de forma definitiva na súa sesión desta tarde o Plan de Empresa da Autoridade Portuaria para 2022 onde se recollen entre outros datos as previsións económicas e de tráficos para o exercicio. Ademais, o presidente Jose Benito Suárez Costa, adiantou aos conselleiros as principais liñas de actuación que rexerán o Plan de Empresa 2023, no que xa se traballa.
Exencións pesca fresca
O presidente tamén informou os conselleiros de que se están aplicando exencións nas taxas de pesca fresca durante un período de 6 meses en virtude da Real Decreto-lei 6/2022, do 29 de marzo, polo que se adoptan medidas urxentes no marco do Plan Nacional de resposta ás consecuencias económicas e sociais da guerra en Ucraína. Deste xeito quedan exentos da taxa o armador do buque ou embarcación pesqueira, e o seu substituto, sempre no caso de que a pesca fresca acceda ao porto por vía marítima.
O Consello foi informado ademais da firma dun acordo entre a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, a Fundación Centro Tecnolóxico do Mar, a Autoridade Portuaria de Vigo, a Organización de Produtores de Pesca Fresca de Marín, a Asociación de Armadores de Vigo e a Universidade de Cádiz que ten por obxecto a constitución formal dunha agrupación sen personalidade xurídica de entidades para o desenvolvemento do proxecto “Cara a unha Circularidade dos Residuos Inorgánicos do sector pesqueiro no contexto do Crecemento Azul (CIRCAZUL)”.