30/10/2026
A Autoridade Portuaria de Marín adxudica a rehabilitación da torre baliza Mourisca
A Autoridade Portuaria de Marín adxudicou á empresa Marcor Xove SL as obras de rehabilitación da torre baliza Mourisca, cun orzamento de 1.483.400,44 euros (máis iva) e un prazo de execución de 11 meses. Esta actuación cubrirá a necesidade detectada do reforzo estrutural da torre mediante o reforzo da cimentación e o seu envolvente de formigón. En concreto, Mourisca ten 13 metros de altura e unha marca lateral verde de estribor cun alcance de 5 millas. Trátase dun elemento de sinalización marítima fundamental para garantir a seguridade da navegación no interior da Ría.
Esta torre baliza, que se acendeu por primeira vez o 11 de setembro de 1923, xa foi reconstruída dúas veces no pasado debido aos danos ocasionados por temporais ao atoparse nunha zona moi exposta onde o mar de fondo traballa con intensidade. Ademais, Mourisca foi, xunto coa torre de Os Camoucos, unha dos primeiros sinais marítimos da Autoridade Portuaria nas que se instalou alimentación con enerxía fotovoltaica para a súa lanterna, eliminando o antigos equipo de alimentación de gas acetileno.
Actualmente, a Autoridade Portuaria tamén está a rematar obras na torre baliza de Camoucos, outra dos principais sinais marítimos da Ría. A rehabilitación das torres baliza da Ría son obras marítimas de gran complexidade para as que se emprega unha pontona flotante como apoio aos traballos e provisión de materiais.