ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

25/06/2026
O Porto realiza un simulacro de colisión e evacuación dun buque de pasaxe na Ría
A Autoridade Portuaria de Marín puxo a proba esta mañá o seu Plan de Emerxencia Interior coa realización dun simulacro de colisión de buque de pasaxe de Ría, en augas próximas á illa de Tambo. No simulacro realizouse a evacuación dun ferido. No simulacro participaron Gardacostas de Galicia co helicóptero Pesca 1, o buque de Salvamento Irmáns García Nodal e embarcación auxiliar de rescate rápido, a patrulleira Mar de Galicia, o 112 Emerxencias de Galicia, a Capitanía Marítima de Vigo, o Centro de Coordinación de Salvamento Marítimo de Vigo, Salvamar Mirach con base en Cangas e a Autoridade Portuaria alén da naviera Mar de Ons coa embarcación Mar Sálvora, Amase Marín con dous remolcadores, o servizo de practicaje e as forzas e corpos de seguridade do Estado, en concreto, o Servizo Marítimo da Garda Civil e o Servizo de Resguardo da Garda Civil. O simulacro consistiu na colisión dunha embarcación de pasaxe de Ría cun obxecto que se atopaba entre augas a media milla ao sur do faro de Tenlo Mozo, na illa de Tambo. Entre os 25 supostos pasaxeiros, hai dous feridos, un leve que require evacuación en padiola por mar e outro pasaxeiro que require evacuación aérea. Debido á colisión prodúcese unha vía de auga e, ante o risco de afundimento hai que tomar medidas para a protección dos 23 pasaxeiros restantes con auxilio dun remolcador e bombas de achique. O obxectivo deste tipo de simulacros é reducir ao mínimo os efectos dunha emerxencia, especialmente no que respecta a salvar vidas, minimizar impactos ambientais e manter as operacións dos buques, instalacións, equipos ou outros que traballan no recinto portuario ou nas súas augas. O Plan de Emerxencia Interior e de Autoprotección do porto é fundamental para a actuación coordinada e eficaz de todos os axentes que interveñen ante un sinistro destas características.
O Porto realiza un simulacro de colisión e evacuación dun buque de pasaxe na Ría