ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

08/06/2026
A Autoridade Portuaria e o Concello de Marín colaborarán na procura de alternativas para a localización do Museo do Mar
Jose Benito Suárez Costa, presidente da Autoridade Portuaria e María Ramallo, alcaldesa de Marín mantiveron esta mañá unha reunión coa directiva do Museo do Mar de Marín, co obxectivo de coordinar entre todas as partes a procura dunha alternativa viable para a localización definitiva do Museo. Despois de varios anos situados na sede cedida por Abanca, o traballo de divulgación sobre a cultura e identidade marítima do municipio así como a provisión de fondos museísticos que cada vez necesitan dun espazo mellor dimensionado, apoian esta necesidade, solicitada por parte da entidade, contando mesmo coa colaboración do Colexio Provincial de Arquitectos. Buscaranse distintas posibilidades dentro dos espazos cedidos polo Porto á cidadanía, ou noutra localización no municipio, procurando que sexa nunha contorna que reúna as condicións necesarias para o Museo. Tanto Concello como Autoridade Portuaria comprometéronse a seguir traballando en próximas reunións coa colaboración de arquitectos especializados para atopar unha solución e dotar ao Museo do Mar de Marín dunha localización definitiva.
A Autoridade Portuaria e o Concello de Marín colaborarán na procura de alternativas para a localización do Museo do Mar