Current news

Latest news

News

29/04/2024
Abel Losada, subdelegado del Gobierno, realiza su primera visita institucional
 O subdelegado do Goberno en Pontevedra, Abel Losada, visitou o Porto de Interese Xeral do Estado de Marín, onde foi recibido polo seu presidente, José Benito Suárez Costa. Ambos mantiveron a primeira reunión oficial tras o nomeamento de Abel Losada como subdelegado e realizaron un percorrido polas instalacións portuarias. No transcurso da visita supervisáronse as últimas actuacións licitadas pola Autoridade Portuaria con cargo ao Plan de Recuperación do Goberno, entre as que se atopan as obras de mellora da eficiencia enerxética do alumeado do porto, así como a mellora dos instrumentos de telemedida, que supoñen un investimento de máis de 1,2 millón de euros. Tamén revisaron as obras, recentemente formalizadas, de mellora das instalacións interiores da lonxa e de renovación do saneamento do peirao pesqueiro, que ascenden a 1,17 millóns de euros. Doutro lado, supervisaron o proxecto de automatización e monitorización da rede ferroviaria do Porto que permitirá mellorar a eficiencia nas operacións portuarias e dotar de maior seguridade ás operacións co tren. Abel Losada e Suárez Costa cualificaron o encontro como “moi proveitoso” e destacaron a importancia estratéxica do Porto de Marín para o conxunto da provincia e de Galicia como demostran as cifras de tráfico de mercadorías en 2023, período no que moveu máis de 2 millóns de toneladas por valor de entre 3.000 e 4.000 millóns de euros. No 2024, os datos de movemento de mercadorías no primeiro trimestre do ano na rada marinense sinalan un crecemento interanual do 21,82%, converténdose no porto galego que maior suba rexistra neste período.
Abel Losada, subdelegado del Gobierno, realiza su primera visita institucional