O porto recibe ó primeiro cargueiro con propulsión mediante enerxía eólica
O Porto de Marín é o primeiro destino español para a operativa do bulk Carrier Pyxis Ocean, un buque granelero equipado con enerxía de propulsión eólica. Conta con 229 metros de eslora, 32,26 de manga e bandeira de Singapura. Consignado polo Grupo Nogar, está atracado no Peirao Comercial Oeste para realizar unha descarga de 19.000 toneladas de fabas e fariña de soia e chega a Marín procedente do porto brasileiro de Paranagua.
Trátase do primeiro buque cargueiro construído con tecnoloxía que permite aproveitar a forza do vento para aforrar un 30% de combustibles fósiles, reducindo así notablemente a pegada de carbono emitida durante a súa navegación e facendo máis sostible o tráfico marítimo de mercadorías. Cada unha das súas velas mide 37,5 metros e o seu deseño aerodinámico permite que o barco aproveite a enerxía do vento para a súa propulsión.