ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

13/01/2022
Maersk introduce un novo servizo ferroviario de carga entre Algeciras e o Porto de Marín
Como parte da súa estratexia de converterse nun provedor mundial de servizos loxísticos porta a porta, A. P. Moller- Maersk (Maersk) pon por primeira vez en marcha un servizo de transporte en tren de contendores para carga conxelada que une o seu centro de transbordo de contedores de Andalucía con Galicia. 1 día e 12 horas é o tempo que tarda o novo servizo ferroviario de Maersk en conectar Alxeciras e Marín. O tren sae do porto de Alxeciras, Cádiz os mércores e chega ao Porto de Marín, Pontevedra, os venres pola mañá. “Este novo servizo de tren está pensado para ofrecer axilidade, flexibilidade e resiliencia ás empresas galegas. Adianta a chegada da mercadoría a Galicia, despachándoa antes da fin de semana e favorecendo a súa posterior distribución. Ademais, diminúe o impacto medio ambiental, algo fundamental para os clientes que queren reducir drasticamente as súas emisións de gases de efecto invernadoiro,” explica Diego Perdoes Montero, Conselleiro Delegado de Maersk para o Suroeste de Europa e o Magreb. A diminución da pegada de carbono no transporte de mercadorías é unha das principais preocupacións das empresas españolas e como resposta a iso, Maersk comprometeuse a ter cero emisións netas de carbono de aquí a 2050 en todas as súas operacións. “Para nós una das vantaxes principais deste servizo é que por primeira vez ofrécesenos a posibilidade de transportar en tren, o material que necesitamos para a nosa produción. O transporte ferroviario é un dos medios de transporte máis sostible e estamos encantados de ter dispoñible esta opción a partir de agora grazas a Maersk,” indican representantes desde o Grupo Iberica de Conxelados SA. Maersk pon en marcha este novo servizo cun tren semanal, pero espera poder ir engadindo máis saídas a media que aumente a demanda de alternativas de transporte sostibles entre os seus clientes. Para a coordinación do proxecto Maersk contou coa colaboración e o apoio da Autoridade Portuaria de Alxeciras, A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, a terminal de contedores de Marín e o Ministerio de Sanidade.
Maersk introduce un novo servizo ferroviario de carga entre Algeciras e o Porto de Marín