ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

17/12/2021
O Consello aproba tres convenios para intensificar a relación Porto-Cidade
  O último Consello de Administración do ano tivo entre os seus principais acordos a aprobación de varios convenios que contribúen a profundar na relación Porto-Ciudad, un dos principais obxectivos de xestión da Autoridade Portuaria. Así, o Consello aprobou subscribir un convenio co Concello de Marín para a ocupación de dominio público portuario destinado á construción e explotación dun equipamento socio-cultural na contorna da praza de España. Os sucesivos convenios que a Autoridade Portuaria ten subscrito co Concello de Marín permitiron o desenvolvemento de diversos proxectos e actuacións urbanísticas, a creación de paseos marítimos, o establecemento de accesos e viarios públicos ou a apertura de espazos portuarios para a poboación do municipio. Con este novo acordo, posibilítase a dotación dunha infraestrutura cultural que contribuirá a dinamizar a vida social dos marinenses. A Aixola O Consello de Administración da Autoridade Portuaria aprobou ademais o convenio de colaboración coa Consellería do Mar, Fundación CETMAR, para a ocupación do edificio onde se atopa o centro de formación “A Aixola”, coa fin de seguir colaborando no fomento e mellora das actividades pesqueiras dentro do recinto portuario. Este convenio subscribiuse por primeira vez en 1996 e desde entón a Autoridade Portuaria ven apoiando esta actividade de formación de traballadores do sector pesqueiro, tanto en activo como en situación de desemprego. Augas de Galicia Por último, o Consello aprobou o convenio entre a entidade pública Augas de Galicia e a Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra para a ocupación do dominio público portuario para a execución e explotación dun emisario submarino. O obxectivo é levar a cabo infraestruturas de saneamento, consistentes na execución dun emisario submarino que conducirá as augas tratadas da estación depuradora de augas residuais de Praceres e da súa futura ampliación.
O Consello aproba tres convenios para intensificar a relación Porto-Cidade