ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

05/11/2021
Formación para a utilización de desfibrilador e loita contra lumes
  A Autoridade Portuaria continúa co seu labor formativo para traballadores coa celebración de dous novos cursos centrados en emerxencias e primeiros auxilios. No primeiro deles, impartido por persoal especializado da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, os asistentes recibiron formación sobre a utilización dun desfibrilador semiautomático ( DESA), equipamento co que o Porto de Marín conta desde hai anos. O curso, eminentemente práctico, centrouse en adquirir os coñecementos básicos para poder recoñecer a emerxencia e para iniciar a cadea de supervivencia en caso de parada cardiorrespiratoria. Doutra banda, persoal da Autoridade Portuaria participou nunha formación sobre loita contra incendios, detección e extinción de lume, así como o uso dos equipos de primeira intervención. Neste caso, a formación práctica foi impartida nas instalacións de Seganosa, en Salvaterra do Miño.
Formación para a utilización de desfibrilador e loita contra lumes