ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

23/09/2021
O Porto de Marín medra un 3% en volume de mercadorías ata agosto
 Os datos provisionais sobre movemento de mercadorías no Porto de Marín reflicten unha subida próxima ó 3% nos primeiros 8 meses do ano con respecto ó mesmo período do exercicio anterior. O incremento dáse nos principais grupos de mercadorías. Tanto os graneis sólidos, que soben un 2,63% en 2021 como na mercadoría xeral convencional (non contenerizada) que se incrementa un 3,9% %. Ademais, crece preto dun 1% a mercadoría en contedor. A pesca fresca e o avituallamento son outros dos capítulos que rexistran un incremento ata agosto con respecto a 2020. En concreto, soben un 15% e un 7% respectivamente. O número de buques mercantes que atracaron nos peiraos de Marín entre xaneiro e agosto tamén medra un 2% con respecto ó ano pasado.
O Porto de Marín medra un 3% en volume de mercadorías ata agosto