ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

20/01/2021
A Autoridade Portuaria realiza unha limpeza submariña da dársena de Placeres
 A Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra acometeu este mes de xaneiro unha nova xornada de limpeza submarina das súas dársenas, neste caso na de embarcacións menores de Praceres, que concluíu coa retirada de aproximadamente 10 metros cúbicos de lixo mergullado. Entre os residuos de maior porte retirados atopáronse restos de aparellos de pesca, cabos e boias, entre outros refugallos. A limpeza dos fondos submarinos tanto nas dársenas como no litoral pesqueiro é un dos obxectivos ambientais aos que máis esforzos dedica a Autoridade Portuaria. Hai uns días fíxose a primeira retirada do ano con 6.200 quilos de lixo e en todo 2020 recuperáronse do mar 27.000 quilos, en colaboración cos barcos de pesca que saen a faenar cada día. En total, desde 2014, a Autoridade Portuaria e a frota de Marín eliminaron 130.000 quilos de lixo mariño das nosas costas. Os residuos que os barcos traen a terra durante as súas faenas pesqueiras son clasificados e separados en porto para o seu traslado a xestores autorizados e reutilización no seu caso. O Porto participa en varios proxectos destinados a recuperar e valorizar residuos do mar como Repesca Plas ou Marine Litter Style ( ML- Style).
A Autoridade Portuaria realiza unha limpeza submariña da dársena de Placeres