ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

23/09/2020
A Autoridade Portuaria e Salvamento Marítimo colaboran en prácticas contra a contaminación marina
 A Autoridade Portuaria e persoal de Salvamento Marítimo realizaron un exercicio de loita contra a contaminación mariña dentro do PIM (Plan Interior Marítimo) do Porto de Marín, para a formación de persoal e posta a punto dos equipos. O remolcador María Pita, atracado no Novo Peirao Comercial, participou nestas prácticas que consistiron no manexo dos equipos, especialmente do skimmer de succión de hidrocarburos e a súa posta en funcionamento no mar. A colaboración entre a Autoridade Portuaria e Salvamento Marítimo é contínua en materia de prevención de contaminación mariña e realízanse periodicamente exercicios e simulacros para garantir unha eficaz resposta de todos os efectivos no caso dun sinistro real.
A Autoridade Portuaria e Salvamento Marítimo colaboran en prácticas contra a contaminación marina