ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

08/06/2020
A Autoridade Portuaria recibe o recoñecmento ó seu Sistema de Xestión da Saúde e a Seguridade
A entidade Lloyd` s Register acaba de outorgar a súa certificación ISO 45001:2018 á Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra en recoñecemento ao seu sistema de xestión da saúde e seguridade no traballo. A ISO 45001:2018 é unha norma de carácter internacional, de recente desenvolvemento, que nace para substituír o estándar de OHSAS 18001:2007. O alcance da certificación outorgada á Autoridade Portuaria é o mesmo que o dos seus sistemas de xestión, é dicir, esténdese á utilización de instalacións portuarias, xestión de servizos xerais e servizos portuarios, xestión do dominio público e execución e mantemento de infraestruturas. Esta certificación súmase ás que xa alcanzadas pola Autoridade Portuaria en materia de Xestión da Calidade (UNE EN ISO 9001:2015) e ao seu Sistema de Xestión Ambiental (UNE EN ISO 14001:2015). As actuacións en materia de calidade, medio ambiente e seguridade son prioritarias para a Autoridade Portuaria, que leva anos traballando na implantación de diferentes sistemas de xestión que aseguren os máximos estándares na prestación de servizos aos seus clientes e partes interesadas.
A Autoridade Portuaria recibe o recoñecmento ó seu Sistema de Xestión da Saúde e a Seguridade