ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

19/12/2023
O porto saca a licitación melloras na lonxa pesqueira
 A Autoridade Portuaria vén de sacar a licitación a obra de “Renovación e mellora das instalacións interiores da lonxa: renovación das bases articuladas dos piares”. A obra sae a contrato por un valor de 830.000 euros (impostos excluidos) e cun prazo de execución de 10,5 meses. A Autoridade Portuaria conta con cofinanciación europea para a súa realización, a través dos fondos FEMPA (Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura). A lonxa de Marín está en servizo desde 1976 e a súa proximidade á contorna salina fai necesaria a renovación puntual das bases articuladas dos seus piares. Os traballos conlevan a montaxe dunha estrutura metálica auxiliar para a revisión, renovación estructural e disposición de novas rótulas nos piares. Para a Autoridade Portuaria é unha prioridade o mantenemento das instalacións e servizos que se prestan ó sector pesqueiro e así o recolle no seu Plan de Inversións.
O porto saca a licitación melloras na lonxa pesqueira