ACTUALIDADE

Noticias

Noticias

20/07/2023
A Autoridade Portuaria e os representantes dos traballadores asinan o novo Acordo de Empresa
 A Autoridade Portuaria e o Comité de Empresa veñen de asinar un novo acordo local dentro do marco del III Convenio Colectivo de Puertos del Estado que regula e actualiza as condicións para a plantilla suxeita a convenio despois de semanas de negociacións. O documento recolle melloras en materias como xornada e horario de traballo, permisos retribuidos, conciliación e diferentes pluses retributivos. O presidente da Autoridade Portuaria manifestou a súa satisfacción polo acordo acadado e agradeceu a tódolos membros da mesa negociadora “ a súa implicación e esforzo por chegar a consensos en beneficio de todos”.
A Autoridade Portuaria e os representantes dos traballadores asinan o novo Acordo de Empresa